Quen dixo medo?
EDL CPR MARÍA INMACULADA
venres, 28 de outubro de 2022
luns, 30 de maio de 2022
GRANDE ÉXITO DO NOSO ALUMNADO NOS CONCURSOS DE RELATO CURO E POESÍA ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE VERÍN
ALUMNADO FINALISTA
ALUMNADO FINALISTA
5º/6º EP
AINOHA SALGADO 5º B 2º PREMIO
DIANA VEIGA 5ºB FINALISTA
LARA DAPÍA SÁNCHEZ 5º A FINALISTA
DIEGO GARCÍA BLANCO 5ºA 1º PREMIO POESÍA
ALEXIS GARCÍA ÁLVAREZ 5ºA 3º PREMIO
BORJA GALLEGO LÓPEZ 5º A FINALISTA
1º /2º ESO
EVA ALONSO FERNÁNDEZ 1º A
SELENIA REY SALGADO 1º B 2ºPREMIO
SAÚL SALGUEIRO RODRÍGUEZ 1º B
MARTA CORRAL AMODIO 2º A 1º PREMIO RELATO
CRISTINA FERNÁNDEZ CHAVES 1ºA
CATALINA GONZÁLEZ ÁLVAREZ 1ºB
3º/ 4º ESO
PAULA DOMÍNGUEZ COSTA 3º A 3º PREMIO
RODRIGO GONZÁLEZ ÁLVAREZ 4ºA FINALISTA
RAFAELA QUEIROZ OLIVEIRA 4ºB FINALISTA
LEYRE ESTEBAN MARTÍN 4ºA 1º PREMIO RELATO
ÁLVARO DOMÍNGUEZ COSTA 4ºA
CARMEN FERNÁNDEZ CUQUEJO 4ºA
mércores, 18 de maio de 2022
xoves, 20 de xaneiro de 2022
WORDLE EN GALEGO
Este fenómeno foi bautizado como Wordle e ten unha mecánica realmente sinxela. O obxectivo é basicamente adiviñar unha palabra de cinco letras en seis intentos. O primeiro paso é encher unha fila cunha palabra inicial de cinco letras. A partir de aí contaremos con algunhas pistas. Se unha das letras escritas está en cor gris, significa que non forma parte da palabra buscada. Se aparece en amarelo, iso quere dicir que está, pero nunha posición diferente, e se é de cor verde, imos no bo camiño, porque significa que a letra está no lugar correcto.
Unha das esencias do xogo éque tan só se pode xogar unha vez por día. É dicir, a páxina web —non se trata dunha aplicación nin de un programa— só ofrece aos xogadores unha palabra que adiviñar cada 24 horas, polo que son moitos os que esperan cada noite con ansia a que dean as doce no reloxo para poder enfrontarse ao reto.
Dende este mesmo mes de xaneiro, todos os galegos podemos exercitar o noso vocabulario de lingua con esta divertida ferramenta.
FONTE: S. Cebrero. La voz de Galicia (19/01/22)
mércores, 19 de xaneiro de 2022
O DÍA DE ROSALÍA PASA A CELEBRARSE O 23 DE FEBREIRO
A Fundación Rosalía de Castro reuniu a representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro logo do recente descubrimento que corrixe a data de nacemento da autora.
A Fundación Rosalía de Castro convocou a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora.
Acudiron á convocatoria da Fundación Rosalía na Casa-Museo representantes de entidades relacionadas co Día de Rosalía. Tamén participaron representantes institucionais. Asemade, asistiu á xuntanza Sagrario Abelleira, investigadora que realizou o achado documental que demostra, entre outros feitos relevantes, que Rosalía de Castro naceu o día 23 de febreiro.
venres, 29 de outubro de 2021
VAITES, VAITES COS TRABALLOS DO SAMAÍN!
Aquí tedes unha escolma de fotografías que dan fe dos terroríficos traballos que poboan os corredores do noso centro.
GRAZAS por participar!
Moi pronto coñeceremos os gañadores...